6 DE OUTUBRO DO 2021. CONVIVENCIAS DE 4º ESO
O alumnado de 4º de ESO gozou dunha mañá de convivencias ao aire libre na zona termal de Outariz. Mañá de oración, dinámicas e interacción, cunha valoración positiva por todo o vivido despois destes dous últimos anos tan difíciles.



































