
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O venres 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O noso alumnado de 4º ESO gozou dunha xornada no Parque Tecnolóxico de Ourense, concretamente na aula Tecnólope.
• Visitaron a exposición: “Mulleres que cambiaron o mundo” e fixeron Kahoot con preguntas sobre a vida destas mulleres.
• Escoitaron a tres mulleres científicas-tecnólogas relatar as súas experiencias persoais e como animaron aos estudantes a escoller carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Varias alumnas participaron no relato dos seus desexos de converterse en enxeñeiras.
• Realizaron obradoiros nos que desenvolveron pequenos retos e proxectos con materiais sinxelos e económicos.
Grazas a todos pola súa participación e polo bo desenvolvemento da xornada.
Poden visitar na páxina, https://www.tecnopole.es/, a noticia da nosa visita.


































































