OUTONO E VENDIMA
O alumnado de 4º de Educación Infantil comeza o curso gozando de diferentes vivencias relacionadas coa vendima e o outono. Grazas aos recursos que nos proporciona a natureza realizamos actividades sensoriais, experimentamos con diversos elementos, xogamos e aprendemos moito. Que ben o pasamos no cole!









































































