XORNADA MICOLÓXICA EN JOSEFINAS
A mañá do luns 21 de novembro o alumnado de Infantil e Primaria gozaron rodeados de cogomelos. O obxectivo principal era mostrar a gran diversidade de cogomelos que podemos atopar nos bosques da nosa contorna próxima así como a importancia de respectar o medio ambiente, dar a coñecer o aproveitamento sostible que se pode obter dos cogomelos, e a súa gran función que realizan nos nosos bosques.
Mostramos ao redor de 50 exemplares de diferentes tamaños, cores, cheiros e sabores, entre eles atopábanse Langermannia gigantea, cun peso de 1.5gr., a temible Amanita phalloides, o saboroso Boletus edulis, varios tipos de Craterellus, Russulas, Lactarius deliciosus, Ramarias que nos lembran aos corais e ata algunhas como Pseudohydnum gelatinosum, que como o seu nome indica ten un textura e aparencia similar á xelatina, e outras que cheiraban moi mal como é o caso de Clathrus archeri e ata nos visitou a preciosa Amanita muscaria que adoita adornar os nosos contos.
Nesta mañá onde os cogomelos foron os grandes protagonistas da xornada, o alumnado descubriu curiosidades moi interesantes grazas aos coñecementos de nosa micóloga Conchi Zúñiga.


















































