EXPOSICIÓN PROXECTO INFANTIL
Nas últimas semanas o alumnado de 4º de Educación Infantil realizou un proxecto dos distintos tipos de casas ao redor do mundo.
O luns 12 de decembro asistiron as familias para ver a exposición de todas as creacións realizadas ao longo destes días, celebrando así un momento de convivencia e recuperando encontros entre a comunidade educativa.
A continuación, deixámosvos unha pequena mostra do vivido este luns.
Para ver máis sobre o proxecto hai un vídeo sobre iso na nosa canle de youtube.


































