ACTIVIDADES ENTROIDO
Alumnado de Infantil e Primaria gozaron a semana previa ao Entroido de distintas actividades e experiencias relacionadas con esta festa. Xogaron con elementos propios destas datas como serpentinas, confeti, boas, perrucas, disfraces, complementos, etc, e tamén realizaron distintas manualidades como caretas, comadres… conseguindo crear un ambiente cheo de cor e fantasía.




































































