BECAS COMEDOR E INFANTIL

BECAS DE COMEDOR E EDUCACIÓN INFANTIL

Dende a Concellería de Política Social do concello de Ourense nos informan que no BOP do día 12 de abril de 2021 saíu publicada a convocatoria para a petición de axudas de libros de educación infantil el comedores escolares para o curso 2021-22.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 13 de abril ao 3 de maio, ambos os dous incluídos.

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención Cidadá (Praza Maior 1), nas oficinas municipais da Rúa Bispo Carrascosa 8 e en todas as UNIS de Benestar Social.

Toda a información destas axudas pódese consultar na Sede electrónica municipal



BECAS COMEDOR E INFANTIL - Foto 1