Educación Infantil

A finalidade da educación infantil é contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado en todas as súas dimensións: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva e artística, potenciando a autonomía persoal e a creación progresiva dunha imaxe positiva e equilibrada de si mesmo, así como á educación en valores cívicos para a convivencia.
A nosa metodoloxía baséase no traballo de proxectos fomentando a observación, investigación, resolución de problemas… caracterizándose por ser activa, participativa e vivencial.
Ofrecemos unha contorna chea de estímulos que fomenten a aprendizaxe e a socialización, o xogo, distintas propostas de actividades… e en especial co coidado do noso horto urbano incorporándoo como unha das actividades que complementan o noso ensino na aula.
Período de adpatación
O primeiro contacto que o alumnado ten na escola vívese con intensidade para todas as partes implicadas, por iso, a nosa tarefa terá como obxectivo prioritario acompañalos de forma individualizada, respectando os seus ritmos, cun acompañamento emocional respectuoso para que se estableza un vínculo de confianza entre as persoas adultas implicadas e os pequenos que empezan esta nova etapa escolar.
A continuación, deixamos a organización do noso centro en relación co período de adaptación, ademais dalgunhas recomendacións para as novas familias que empezan a etapa de 4º de infantil:
Se desexas saber o horario de visitas podes velo na nosa sección O colexio » Horarios


















