TEATRO EN INGLÉS PARA 2º ESO
O alumnado de 2º ESO asistiu o pasado venres 21 de febreiro ao Auditorio Municipal para gozar dunha magnífica respresentación teatral en inglés baseada na famosa obra de Bram Stoker, Dracula.
Esta adaptación da compañía The Performers Inc., producida por Eina d’ Escola, dá oportunidade aos asistentes de interactuar cos actores integramente en inglés grazas ao debate celebrado despois da obra.
Esta actividade organizada polo Concello de Ourense foi todo un éxito.

















