OS MAIS CATIVOS VANSE DE VIAXE!
O mércores 11 de maio o alumnado de 4º de Educación Infantil foi de excursión á Asociación A. N.D. R.E.A na aldea de San Salvador dos Penedos en Allariz.
A nosa primeira excursión resultou todo un éxito, todas as crianzas gozaron dunha mañá rodeadas de natureza e burros. En primeiro lugar, explicáronnos información importante de como tiñamos que actuar cos animais para logo xa gozar deles.
Pasárono xenial, foi moi divertido, acariñaron aos burriños, peiteáronos, paseáronos e mesmo viron como se ían ao monte. Que gran aventura!






















































