arriba
youtube instagram facebook telefono
Mércores, 2-Abril-20252-Abr-2025


PortadaseparatorServizo de Comedor


Servizo de Comedor



No noso colexio dispoñemos dun servizo de comedor para atender ás necesidades e horarios de traballo das familias. Hoxe en día, é cada vez máis habitual que os horarios das xornadas laborales non se poidan axustar cos horarios dos discentes. Por este motivo, o feito de que o alumnado poida comer no colexio é un factor de gran importancia. 

 

Ademais, é necesario destacar que o servizo de comedor non é simplemente un lugar no cal os nenos quedan a comer, senon que ao mesmo tempo ofréceselles neste espazo una educación en valores, promovendo actitudes positivas como a autonomía, a saúde e a hixiene, a convivencia cos demais, a responsabilidad e o ocio. 

 

O servizo de comedor está xestionado por a empresa, GALLEGOCOLECTIVIDADES, pero no é un servizo ao uso : os alimentos cómpranse directamente e son elaborados na propia cociña do Centro. Esta é una cuestión fundamental, xa que permite un maior control da calidad dos produtos e do proceso de elaboración dos pratos. 

 

Os menús configúranse mensualmente por a empresa responsable en sintonía co equipo do Centro garantizando unha correcta variedade de comidas e tendo sempre presentes as adaptacións necesarias para aqueles nenos que teñan alerxias: glute, froitos secos, control de proteínas, entre outros. Ademais, baixo petición das familias, prepáranse menús de dieta blanda para aqueles alumnos que o precisen avisando previamente á portería e detallando o tipo de dieta que se requira. 

 

Todos os meses publícanse os menús no taboleiro de anuncios do colexio, nas redes sociais e nesta páxina web, para que as familias poidan complementar a alimentación dos sus fillos coas comidas do fogar. 

Recóllense mostras diariamente das comidas para analizalas. As análises son realizadas polos servizos sanitarios da empresa, o laboratorio de análises “Biotecnal” e a Inspección Sanitaria da Provincia. 

 

 

 

 




Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de usuario, guardando preferencias, productos visitados, datos de acceso,..., con el fin de ofrecer contenidos adaptados a los intereses del usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume y acepta su uso.
«Ver nuestra política de cookies» | «Más información sobre las cookies». Si tienes alguna duda o sugerencia puedes usar nuestra «sección de contacto.».
PECHAR